13 - Petróglifos da Aira
Nesta zona atopamos varios penedos moi próximos que conteñen gravados. No primeiro que atopamos no camiño vemos un conxunto dunhas vinte cazoletas agrupadas en pequenos grupos e tamén espalladas pola rocha. Na parte superior hai un rebaixe de forma cadrada situado sobre unha fenda da rocha que parece ter sido remarcada. Quizáis servía para soster algún poste ou cruz que sería cronolóxicamente moi posterior as cazoletas. Ademáis nun lateral podemos ver unhas marcas verticais na rocha a nivel do chan, similares as doutro penedo con gravados que se atopa a menos de 300 metros. Non sei se teñen que ver con antigos traballos de canteiría ou se se trata de elementos relacionados cas cazoletas.
A uns 10 metros atopamos outro penedo destacado, neste caso ten un conxunto de cazoletas agrupadas en grupos de dúas e tres nunha das paredes verticais ata un total de 10. Ademáis hai un par de cazoletas e liñas na parte superior do penedo e unha marca de forma circular noutra parede da rocha.
Ademáis en fronte desta rocha e nuns penedos a nivel do chan atopamos dúas pías circulares pulidas duns 27 centímetros de diámetro e curiosamente a unha distancia entre elas de 270 cm. A uns metros hai outro burato circular algo máis pequeno nunha rocha situada no chan.
http://patrimoniogalego.net/index.php/103572/2020/02/petroglifos-de-gundias-iv/