top of page

4 - Petróglifos das Regas

Fotogramatría_2.png
verde.jpg
verde3.jpg
DSCF0638.JPG
DSCF0779.JPG
DSCF2690.JPG
vere.jpg
Verdefondo.png

Estación formada por un conxunto de combinacións circulares, a máis grande mide máis dun metro, ten unha ducia de aneis e se conecta mediante liñas coas outras combinacións circulares que acadan un tamaño de ata corenta centímetros a máis grande. Tamén presenta cazoletas no centro das combinacións circulares e nalgúns dos seus aneis. No mesmo lugar atopamos dous penedos con dous cruciformes de distinta tipoloxía e de época máis recente. 

Posteriormente apareceron outros petróglifos nun penedo que estaba cuberto pola vexetación situado a menos de 10 metros dos anteriores. Aquí podemos observar un par de combinacións circulares, a maior mide 30 centímetros de diámetro e ten cazoleta central, a máis pequena está moi erosionada o que dificulta a súa visualización. O microtopónimo da zona é "A Rega" polo que tamén podemos denominar así a esta estación rupestre. As fotogrametrías deste petróglifo foron realizadas por Alex Negreira do interesante blog Megaliticia.

http://patrimoniogalego.net/index.php/103727/2019/12/petroglifos-de-ver-de-fondo/

bottom of page