top of page

35- Petróglifos de Piteira I




Panel formado por unha abundante serie de reticulados que cubren case toda a rocha, algunhas cazoletas no bordo superior e nun lateral ademáis de cruciformes algúns arrodeados dun circo. Probablemente un dos gravados máis orixinais da contorna, semellante a un plano ou mapa. Está situado a carón de varios penedos que tamén presentan petróglifos. A zona é especialmente rica en gravados, principalmente cazoletas de diversos tipos.
Segundo a táboa de motivos reticulados e tabuliformes na Arte Rupestre Galega de Fernández Pintos parecen corresponderse con tipo 4. No enlace inferior atoparemos máis información, fotografías e un mapa detallado.
http://patrimoniogalego.net/index.php/114755/2022/10/petroglifos-de-piteira-i/
bottom of page