top of page

57 -Petróglifos de Toxeira I
Panel formado por decenas de profundas cazoletas de diferentes tamaños na parte superior dun bolo granítico, algunhas forman aliñamentos, outras están fusionadas ou teñen unha forma alongada. A parte superior está separada da inferior por un aliñamento de coviñas, na parte inferior atopamos máis de media ducia de cruciformes, hai dous rodeados dun círculo e outro dun rectángulo. Moi preto atopamos outro penedo con múltiples cazoletas e máis rochas que teñen pías traballadas pola man humana e cruciformes.
https://patrimoniogalego.net/index.php/121055/2026/02/petroglifos-de-toxeira-i/
bottom of page