Os petróglifos son gravados simbólicos realizados sobre rocha, son unha expresión cultural e unha forma de comunicación que se remonta á prehistoria. Os seus creadores foron os primeiros agricultores e gandeiros que habitaban este territorio.
En Galicia contamos cun elevado número de petróglifos que forman o chamado “Grupo Galaico de Arte Rupestre”, un importante conxunto cunhas características propias e que se engloba dentro do “Estilo Atlántico” propio da costa occidental europea. En Irlanda, Escocia ou Bretaña atopamos gravados moi similares o que quizáis indica unha cultura prehistórica común.
Distribución de motivos figurativos (azul) e xeométricos (vermello) segundo Ramón Fábregas Valcarce e Carlos Rodríguez Rellán en Walking on the Stones of Years, 2015.
Deseños
Mentres que noutras zonas de Galicia atopamos representados deseños figurativos ou naturalistas como armas, animais ou figuras humanas, polo momento nos gravados localizados no concello de Nogueira, os motivos representados son de tipo abstracto ou xeométrico.
Os máis comúns e sinxelos son as cazoletas ou coviñas, cavidades semiesféricas que a veces forman conxuntos numerosos que parecen combinarse. Tamén temos círculos concéntricos de diversa complexidade e líneas que unen as cazoletas ou os círculos entre sí, ademáis doutros deseños singulares máis escasos como ferraduras, podomorfos, cruciformes, alfabetiformes ou os enigmáticos reticulados que poden semellar mapas.
Motivos dos petróglifos da provincia de Ourense, segundo Israel Barandela Rivero e Jose Manuel Rodríguez Lorenzo en Petroglifos de Ourense, 2004.
Fotogrametría dos petróglifos de Ver de Fondo. Blog Megaliticia
Cronoloxía
A cronoloxía dos petróglifos é un asunto complexo, algúns como os conxuntos de cazoletas poderían datarse dende o Neolítico mentres que as combinacións circulares pertencerían a Idade do Bronce, estaríamos falando de entre tres e cinco milenios de antigüidade. Nalgúns paneis podemos atopar gravados con distintas datacións, por exemplo cruces ou letras de orixe medieval ou incluso máis moderno xunto a deseños prehistóricos. Estas cruces probablemente sinalaban lindes entre territorios de distintas comunidades, en ocasións, se empregaban tamén para cristianizar gravados máis antigos considerados pagáns.
Datación dos petroglifos respecto do megalitismo e a cultura castrexa, segundo Ramón Fábregas Valcarce e Carlos Rodríguez Rellán en Walking on the Stones of Years, 2015.
Tipoloxía dos petroglifos de Galicia segundo Jose Manuel Vázquez Varela en I.Prehistoria e historia antigua na colección Galicia Historia.
Folclore
A tradición popular en Galicia nos conta que os petróglifos foron realizados polos “mouros”, uns seres míticos que habitan baixo castros e mámoas. A veces se trata das belas “mouras” que son as constructoras dos túmulos, megalitos, petróglifos ou incluso responsables da existencia de rochas con curiosas formas nos nosos montes.
Estas antigas lendas se comparten con outros países da Europa atlántica, esta “moura” podería estar relacionada cunha antiga deusa nai e os “mouros” serían antepasados míticos que fixeron as construccións para as que os campesiños non tiñan unha explicación sobre a súa orixe como os dolmens ou os castros.
Ilustración dos petróglifos da Pedra dos Mouros en Cotobade en Historia de Galicia (1901) de Manuel Murguía.
Interpretación
O estudo dos petróglifos en Galicia non é novo, contando cunha longa tradición. Xa os eruditos do rexurdimento comezaran a análise dalgúns gravados, mesmo fixeron debuxos que nos permiten saber como eran algúns petróglifos hoxe tristemente desaparecidos. Incluso na actualidade a interpretación científica desta arte prehistórica é difícil dada a distancia temporal que nos separa aínda que existen moi diversas teorías sobre a súa orixe e función. Dende o seu emprego como mapas de constelacións, mapas do terreo e os recursos, delimitadores do territorio, ata a súa utilidade como lugares de reunión, elementos relacionados con ritos chamánicos, indicadores de sitios especiais, etc.
A súa precisa interpretación é un misterio que posiblemente nunca poida ser completamente desvelado se ben cada vez se descubren máis gravados e as investigacións científicas avanzan, dando resposta a algunhas preguntas e formulando novas cuestións.
Motivos dos petróglifos en Galicia, segundo Felipe Senén López Gómez en Os primeiros galegos. Prehistoria e arqueolóxía, 1999.
Observación
Os petróglifos son un legado ancestral que debemos estudar, valorar e protexer para futuras xeracións. Para preservalos, lembremos que non se deben manipular ou remarcar. O mellor momento para observalos e fotografalos adoita ser a primeira ou última hora do día, dado que co sol baixo se resalta o sombreado dos deseños. Tamén despois da choiva pois nas rochas molladas se destacan os gravados e as cazoletas se enchen con auga mellorando a súa visualización. Algunhas hipóteses apuntan a que no seu momento os gravados estiveron pintados de diversas cores o que os faría destacar moito máis sobre a pedra. Non quedan restos de pintura nos petróglifos expostos ao aire libre inda que sí os observamos nos gravados dalgunhas cámaras megalíticas en mámoas.
Ademáis, se poden visitar e fotografar pola noite empregando unha fonte de luz artificial como unha lanterna e unha exposición prolongada. Para os máis avezados tamén existe a fotogrametría, técnica que se apoia nun programa informático para obter espectaculares imaxes tridimensionais das superficies con gravados.
Pódese atopar máis información sobre os petróglifos do concello e a sua localización exacta visitando as fichas correspondentes na páxina web patrimoniogalego.net. Ademáis de petróglifos prehistóricos nesta páxina se inclúen diversas inscripcións de orixe medieval.
Fotogrametrías tridimensionais. England's Rock Art ERA
Visita nocturna aos labirintos de Mogor, Marín. Tripadvisor