top of page

58- Petróglifos de Toxeira II
Panel composto por unhas 20 cazoletas, algunhas formando aliñamentos e situadas na parte superior dun penedo granítico. Ademáis nunha parede lateral atopamos outra fileira vertical de media ducia de coviñas. Nunha laxe inferior hai dúas cazoletas paralelas das que parten dúas longas liñas. Están nunha zona abundante en gravados con cazoletas, circos concéntricos e pías antropoxénicas.
https://patrimoniogalego.net/index.php/121044/2026/02/petroglifos-de-toxeira-ii/
bottom of page