top of page

7 -Petróglifos de Pedome

Alberguería1.jpg
DSCF0061.JPG
alberguer.jpg

Estación formada por un conxunto de cazoletas e liñas que se estenden o longo de varios penedos. Tamén atopamos tres combinacións circulares simples. É curioso que dada a xeoloxía do lugar non están gravados sobre granito, senón sobre laxa. Segundo contan pola zona, estas son as marcas que deixou a espada do apóstolo Santiago na súa loita contra os mouros, tamén se coñece como "As Pegadas do Santiago". No concello de Sober ao outro lado do río atópase o petróglifo da Tapada do Monte en Anllo, Santo Estevo que leva asociada a lenda de que son as pegadas do cabalo de Santiago e que saltou cara a outra banda do río onde tamén podemos atopar as súas pegadas no petróglifo de Pedome en Cerreda ou nas Cerdeiriñas preto de Pombar onde tamén hai un penedo cunha profunda cazoleta no camiño que leva a Penedos do Castro. Foi posto en valor no verán de 2019 pola asociación “Móvete por Nogueira” e catalogado polo arqueólogo Juan Manuel González de Carballo. Aparece mencionado no catastro de Ensenada de mediados do século XVIII para sinalar os límites parroquiais. Está localizado na parroquia de Cerreda preto de Alberguería. 

http://patrimoniogalego.net/index.php/103099/2019/08/petroglifos-de-monte-cubela/

bottom of page