top of page
25 - Petróglifos de Outeiro das Aiguas
En diversas rochas dispersas atopamos conxuntos de cazoletas, un par delas de considerable diámetro e profundidade e moi pulidas. Están en pequenos grupos de 3 coviñas inda que nun dos penedos hai unha decena. De momento son os petróglifos situados a maior altitude do concello pois esa zona supera os 1000 metros. Desgraciadamente se viron afectados por lumes que danaron as rochas e a contorna.
http://patrimoniogalego.net/index.php/108279/2021/01/petroglifos-de-outeiro-das-aigues/
bottom of page