
61-Petróglifos do Regato do Ferreiro
Panel composto por circos concéntricos e un gran número de cazoletas unidos mediante liñas formando un curioso deseño. Na parte máis elevada do penedo atopamos profundas cazoletas das que parten sucos, algúns enlazan cos motivos circulares da parte inferior e outros descenden polos laterais da pedra. Hai diversos aliñamentos de cazoletas unidas e unha liña exterior que parece enmarcar o conxunto. Nunha parede lateral semella haber máis círculos e cazoletas. A visualización dalgúns dos motivos é complicada debido á erosión. Probablemente habería máis petróglifos pero a pedra parecer estar seccionada polo traballo de antigos canteiros. Na mesma zona atopamos múltiples rochas con gravados semellantes demostrando a importancia da montaña ourensá na Arte Rupestre Atlántica.
https://patrimoniogalego.net/index.php/122152/2026/06/petroglifos-do-regato-do-ferreiro/