6 - Petróglifos do Corniño da Serra
Estación rupestre formada por un conxunto de combinacións circulares e cazoletas ademáis de ferraduras, cruciformes e alfabetiformes seguramente de cronoloxía máis recente. Atópanse nunha laxe bastante erosionada e cuberta de musgo. No penedo máis alto que está a carón desta laxe tamén atopamos un pequeno conxunto de media ducia de coviñas, algunhas fusionadas. Sitúase dentro da parroquia de Faramontaos. Foi un dos primeiros petróglifos catalogados no concello, de feito, xa aparece mencionado na delimitación do coto do mosteiro de Santo Estevo no privilexio de restauración expedido polo rei Ordoño no ano 921 como “…petra scripta que est inter Foramontanos et Eiratella…”. A primeira fotografía nocturna da dereita pertence ao blog Megaliticia.
http://patrimoniogalego.net/index.php/102828/2019/07/petroglifos-do-cornino-da-serra/