top of page

34- Petróglifos de Traspenela

1663594654979.jpg
1663593529045.jpg
1663593529057.jpg
Screenshot_2022-09-21-17-56-07-292_com.google.android.apps.maps.jpg

Nun penedo granítico observamos arredor de 40 cazoletas na súa parte superior. A maioría bastante erosionadas sobre todo as de pequeno tamaño, hai algunhas máis grandes e profundas e outras con tamaños similares parecen dispersarse en alineacións. Esta rocha empregouse como canteira e falta parte da pedra polo que quizáis había máis gravados.

Estes petróglifos se atoparon gracias o traballo sobre as parroquias do concello de Nogueira do profesor Xose Manuel Rodríguez Pereira no que recolle folclore posiblemente relacionado con estes gravados, segundo contan no lugar son as pegadas dun cabalo que saltou dende ahí ata a Torre de Gundiás, onde habitaban os mouros e tamén atopamos petróglifos. Quizáis era o "cabalo do apóstolo Santiago", pois en zonas cercanas era o seu cabalo o que deixaba as devanditas marcas na pedra.

http://patrimoniogalego.net/index.php/114702/2022/09/petroglifos-de-traspenela/

bottom of page