53 -Petróglifos de Papín
Gravados situados a carón dun camiño na parte superior e lateral dunha gran rocha. Na zona superior atopamos cazoletas, circos simples con cazoleta central e cruciformes. Da cima parten liñas que forman unha serie de reticulados, están bastante erosionados, pero son visibles na fotogrametría, ademais hai un grupo illado de coviñas a súa dereita. A interpretación destes petróglifos semella complicada, inda que superficialmente poida lembrarnos algún tipo de mapa. A menos de 100 metros atopamos os petróglifos de Resouto, de estilo atlántico con varios circos concéntricos. Agradecer a Miguel Lama de Nigueiroá a localización destes curiosos gravados. No enlace inferior atoparemos máis información, fotografías e un mapa detallado e unha fotogrametría.
http://patrimoniogalego.net/index.php/116714/2024/02/petroglifos-de-papin/