top of page
50 -Petróglifos de Pedra Quebrada
Penedos con varias decenas de cazoletas formando alineacións e algunhas con liñas que as unen. No máis alto hai media ducia de coviñas, no inferior máis de 50 e algunhas máis en rochas adxacentes. Atópanse a uns 150 metros ao leste doutros penedos con cazoletas nunha área con abundancia de petróglifos de estilo atlántico.Quizais o topónimo da zona se deba ao emprego dos penedos como lugar para extraer pedra para a construción. No enlace inferior atoparemos máis información, fotografías e un mapa detallado.
http://patrimoniogalego.net/index.php/116375/2024/01/petroglifos-de-pedra-quebrada/
bottom of page