48 - Inscrición no Penedo dos Mouros
Esta inscrición considerada de orixe altomedieval está situada na parte máis elevada dun afloramento granítico coñecido como o Penedo dos Mouros ou O Castelo, situado a uns 200 metros ao noroeste da aldea de A Buzaxe. Na superficie dos penedos que conforman o promontorio podemos observar marcas de escadas, asentos de postes ou vigas de madeira e diversas pías naturais, nos arredores tamén apareceron restos cerámicos.
O xacemento está catalogado como fortificación medieval. Na Alta Idade Media se pensa que se situaba neste outeiro de difícil acceso debido as fortes pendentes unha torre construída en madeira de carácter defensivo posiblemente para a vixiancia e control da zona pois dende alí se pode observar toda a área circundante e o val do Miño ata Ourense.
A inscrición foi interpretada por Eguileta Franco e García Valdeiras como un límite do mosteiro de Santo Estevo. A transcrición que se suxire é +UEDIS CLOS ERA MLXXV, a tradución sería: Uedis (ou Vedis) acotou (este lugar) na era MLXXV, é dicir no ano 1037. Vedis é un antigo nome de orixe xermánica o que se pode relacionar ca presencia desta cultura na antroponimia e toponimia da comarca.
Agradecer a Gelasio Rodríguez, a súa nai Mari de Casdosteo e a señora Nieves da Buzaxe a axuda para acceder a este xacemento arqueolóxico. No enlace inferior atoparemos máis información, fotografías e un mapa detallado.
http://patrimoniogalego.net/index.php/115107/2023/02/inscricion-no-penedo-dos-mouros/