1 - Petróglifos da Espiñeira
Conxunto que presenta dúas combinacións circulares con cazoleta central. A da esquerda ten dous circos concéntricos e está moi desgastada. A da dereita consta de tres circos concéntricos e un suco radial que forma unha L. Uns metros en dirección norte atopamos outra rocha a ras de chan con círculos concéntricos, este gravado atópase danado probablemente polo emprego de maquinaria na limpeza de finca. Foi catalogado en 2019 e está situado en Luíntra. Agradezo a Alberto Pérez Álvarez de Eiradela as imaxes dende dron. As fotogrametrías deste petróglifo foron realizadas por Alex Negreira do interesante blog Megaliticia.
https://www.instagram.com/albertogalego/.
http://patrimoniogalego.net/index.php/102489/2019/05/petroglifos-da-espineira/
Posteriormente e ocultas pola vexetación apareceron outras dúas combinacións circulares a uns 10 metros do panel inicial en dirección noreste. A máis grande duns 40 cm de diámetro está moi erosionada. Xusto ao lado hai outra mellor conservada. Ambas presentan un suco radial e catro aneis, un deseño moi semellante ao que ten a combinación máis grande do panel inicial polo que parece que o estilo e a cronoloxía coinciden. Nas rochas circundantes podemos ver tamén algunha cazoleta. Se se fixera un estudo en profundidade da zona seguramente se atoparían máis gravados.
Modelo tridimensional:
https://sketchfab.com/3d-models/espineira-64c758016423465c8c6ec2b9b612376e
http://patrimoniogalego.net/index.php/110395/2021/06/petroglifos-da-espineira-ii/