top of page

44- Petróglifos de Fontelo

IMG_20221114_113824.jpg
IMG_20221114_122914.jpg
IMG_20221114_122857.jpg
Screenshot_2022-11-20-21-01-11-406_cn.wps.moffice_eng (1).jpg

Panel formado por un conxunto de pías ou coviñas grandes xunto con outras máis pequenas que parecen seguir un suco na rocha. Ademáis observamos uns sete cruciformes bastante erosionados na parte este. Ademáis a uns dez metros, na parte norte dun afloramento granítico que foi aproveitado como canteira atopamos unha gran pía antrópica totalmente circular e bastante profunda acompañada dalgunha cazoleta. Este tipo de pías graníticas claramente antrópicas nalgúns casos parecen estar asociadas a asentamentos prehistóricos e ser de carácter utilitario ou se non se atopaban preto de asentamentos poderían ter algún emprego ritual. No enlace inferior atoparemos máis información, fotografías e un mapa detallado.

http://patrimoniogalego.net/index.php/114924/2022/11/petroglifos-de-fontelo/

bottom of page