top of page

60-Petróglifos de Laxa II
Panel composto por medio cento de cazoletas de variados tamaños, algunhas forman aliñamentos e distribúense especialmente polas partes máis elevadas do penedo. Hai un cruciforme moi erosionado nun extremo. Probablemente habería máis petróglifos pero o penedo semella afectado por antigos traballos de canteiría. A pouca distancia atopamos outros penedos tamén con abundantes coviñas e outros gravados
https://patrimoniogalego.net/index.php/122162/2026/06/petroglifos-da-laxa-ii/
bottom of page