top of page
21 - Petróglifos de Xuncos
Nun outeiro cerca da aldea de Santa Cruz atopamos dous penedos separados por escasos metros que presentan gravados. No que se atopa na zona máis elevada observamos unha pía modificada cunha canle acompañada dalgunha cazoleta e unha cruz seguramente cronolóxicamente posterior. En dirección noreste temos outro penedo que ten unha pía modificada con dúas canles situadas en lados opostos e a carón na parte máis alta da rocha ten unha alineación de catro cazoletas.
http://patrimoniogalego.net/index.php/107313/2020/07/petroglifos-de-xuncos/
http://patrimoniogalego.net/index.php/107290/2020/07/cruz-de-xuncos/
bottom of page