top of page

26 - Inscrición de Penedos do Castro

DSCF2905.JPG
DSCF2927.JPG
th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_DSCF
Screenshot_2021-02-16-21-50-26-212_com.g

Este xacemento está situado nun promontorio granítico con espectaculares vistas ao Canón do Sil e ao Mosteiro de Santo Estevo. Nel, documéntase un castro do que apareceron muros e restos cerámicos datados entre os séculos IV e II a.C.; ademáis, pénsase que foi refortificado na Idade Media.

 

Na cima atopamos unha rocha coa inscrición “+ LEOVIGIL DUX”, o que fai pensar que puidera corresponder coa época na que os visigodos someteron ao reino suevo e un duque do rei visigodo a finais do século VI deixara constancia dese feito aquí. Na zona existe abundante toponimia de aparente orixe xermánica (Gundrei, Gundiás, Gulfar, Guímara, Gormeau, Mundín, Ramuín, Farragude, Papín, Reirigo, Armariz, Vilouriz, Gomariz, Sandís, Valigoto..) o que quizáis indicaría unha presenza relevante destes pobos.

Tíñase considerado este lugar como a ubicación do Castelo de Litoria mencionado na documentación medieval do Mosteiro de Santo Estevo; agora, pénsase que os seus restos se localizarían nun outeiro na divisoria entre os concellos de Esgos e Nogueira preto da Capela da Virxe do Monte.

http://patrimoniogalego.net/index.php/108737/2021/03/penedos-do-castro/

bottom of page