top of page

54 -Petróglifos de Cegal do Medio

Panel formado por decenas de cazoletas situadas nun penedo que destaca nun pequeno outeiro na zona de Reboredo. As meirandes atópanse na cima, a máis destacada presenta outras pequenas adxacentes que lle dan aspecto cruciforme. Ademáis hai 3 fileiras verticais paralelas nun lateral ademáis de sucos, cruciformes e outras coviñas soltas espalladas. Nunha rocha inferior atopamos circos concéntricos con cauda, coviñas con liñas e unha gran cazoleta central da que parten diversas liñas, un cruciforme e outros elementos difusos. Nós arredores atopamos máis penedos con coviñas inda que en menor número. Agradecer a Miguel Lama a localización destes petróglifos. No enlace inferior atoparemos máis información, fotografías, un mapa detallado e unha fotogrametría.

http://patrimoniogalego.net/index.php/116904/2024/09/petroglifos-de-cegal-do-medio/

bottom of page