top of page

55 - Altar rupestre da Esperela

Trátase dun curioso elemento patrimonial de difícil interpretación incluso para os arqueólogos que o catalogaron. Nuns penedos situados nunha fraga a escasa distancia da aldea de Nigueiroá atopamos unha laxe central con dous profundos surcos laterais que forman un semicirco e se unen nunha pía que posúe un cazoleta no seu fondo. Esta pía estaba tapada no momento de atopala por unha pedra dun tamaño axeitado á mesma. Nos laterais desta laxe atopamos o que semellan uns afondamentos traballados e dúas rochas adxacentes a cada lado o que lle da certa monumentalidade a este posible altar rupestre. Nas rochas adxacentes atopamos máis canles e pías e unha cazoleta nunha rocha situada na parte superior. O afloramento granítico ten formas singulares causadas pola erosión que ademáis parecen ter sido modificadas artificialmente. Polo que sabemos non existe nas aldeas próximas constancia destes elementos, o que é estrano pois se atopan a escasa distancia. Agradecer a Miguel Lama a localización deste misterioso conxunto. No enlace inferior atoparemos máis información, fotografías e un mapa detallado.

http://patrimoniogalego.net/index.php/116924/2024/09/altar-rupestre-da-esperela/

bottom of page