22 - Petróglifos da Torre da Cidá
Nun antigo castro que ao parecer foi refortificado na época medieval atopamos diversas modificacións nos penedos da parte máis elevada. Trátase de elementos relacionados co castro e a posterior torre como rebaixes na pedra ou pías modificadas, algunha de gran tamaño e perfectamente circular e pulida no seu interior. Pero ademáis podemos observar na rocha máis alta petróglifos formados por numerosas cazoletas e outros gravados de difícil interpretación. Estes petróglifos teñen folclore asociado, segundo recolle o profesor Xose Manuel Rodríguez Pereira. A xente do lugar dicía que no monte da Torre viviron os mouros, alí había uns buratos onde poñían as cuncas e unha poziña onde se lavaban.
Agradecer a Marta Melón de Eiradela a localización de esta interesante xona arqueolóxica.
http://patrimoniogalego.net/index.php/107620/2020/09/petroglifos-da-torre-da-cida/