top of page
18 - Petróglifos das Salgueiriñas
Nun grupo de penedos ao lado dun camiño observamos diversos conxuntos de cazoletas. As dúas máis grandes están na parte máis alta e miden uns 12 centímetros de diámetro e están unidas cunha canle, na zona inferior observamos outras 20 cazoletas máis pequenas con certa organización triangular. No extremo dunha rocha adxacente atopamos outro numeroso grupo de cazoletas separadas de xeito uniforme. Na mesma formación rochosa e baixo un penedo que se apoia en equilibrio sobre outro vemos outro grupo de 4 cazoletas. Atópanse a uns 600 metros dos petróglifos de Bouzas de Fondo e a menos dun kilómetro dos de Gundiás.
http://patrimoniogalego.net/index.php/104316/2020/02/petroglifos-de-salgueirinas/
bottom of page