top of page

27 - Inscrición de San Xoán do Cachón

th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_cach
th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_DSCF
cachon1.jpg
Cachón.jpg

A Ermida de San Xoán do Cachón atópase moi preto do Mosteiro de Santo Estevo na fraga da Ribeira Sacra ourensá. Trátase dun cenobio en ruínas do que se conservan as paredes de varias construcións, restos dunha pía, dun altar e unha milenaria inscrición no lintel da porta do edificio principal.

A devandita inscrición refire a fundación do complexo relixioso polo abade Frankila. Concretamente o texto di: Cum Dei adminiclo / Frankila abba condidit opus / era DCCCCLVI. A tradución sería : Coa axuda de Deus, o abade Frankila fundou esta obra no ano 918.

Nesta época, no ano 921, Ordoño II, rei de Galicia e León concedeu un privilexio ao abade Frankila para a reconstrucción de diversos mosteiros na zona que estarían en estado ruínoso, entre eles o de Santo Estevo que xunto con outros posiblemente fora fundado por San Martiño Dumiense, chamado o "apóstolo dos suevos", no século VI.

http://patrimoniogalego.net/index.php/109710/2021/04/san-xoan-do-cachon/

bottom of page